sábado, 7 de mayo de 2016

Hola!!!, xa estou por aquí de novo.., sen tempo non era!!, deíxovos unhas fotos da saída que fixemos todos/as os alumnos de infantil a semana pasada a conserveira. Foi unha visita interesante, fixemos un percorrido por todas as instalacións, dende as máquinas de despiece, o conxelador, a sala de envasado, a zona de almacenamento etc...,pero sí é verdade que a algúns dos nenos non lles gustou nalgunhas partes, porque se asustaron co ruído das máquinas.., o que lles encantou foron as latas que lles regalaron ao rematar!!! Nas fotos, os nenos/as das outras aulas, aparecen coa cara difuminada. Espero que vos guste.